O 20 de outubro celébrase en Monte Cabeiro unha nova xornada do Orientasón

11 Outubro 2024

O 20 de outubro ás 10.00 horas vaise celebrar unha proba (a terceira) da VIII edición da Orientación no Monte Cabeiro (Orientasón), organizada novamente pola ADC Arnela. Segundo informan dende a organización, trátase dunha proba apta para todas as idades e condicións físicas, achegándose como “unha oportunidade ideal para iniciarnos na práctica da orientación ou vir afianzar os nosos coñecemento”.

Engaden que “non fai falla correr nin ter experiencia previa, a ADC Arnela estará aí para axudarnos no que precisemos”. Temos ata o martes 15 de outubro ás 23:50 para anotarvos en liña na web habilitada.

Para quen non o saiba, o deporte de orientación é unha actividade que combina a práctica física coa navegación na natureza ou, tamén, en espazos urbanos. Consiste en que cada participante, coa axuda dun mapa e un compás, tense que orientar por camiños descoñecidos ata atopar, nunha orde determinada, os puntos de control que se marcaron sobre o terreo. O reto deberá facerse no menor tempo posíbel. Estes puntos de control poden ser balizas ou estar marcados de forma electrónica e adoitan situarse en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.