
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 256, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á IV Encontro CIBER.gal e aos proxectos en Galicia de SATEC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– CITMAGA desenvolve algoritmos con Avincis para combater os incendios forestais
– O CITIC recoñece o talento dos investigadores novos co novo Congreso XoveTIC
– A Xunta confirma que a nova sede do CESGA estará no polígono da Sionlla en Santiago
– O obradoiro de emprego Appventures deixa en Santiago tres aplicacións de VR
– Os grandes desafíos da IA debatéronse en Santiago no marco da ECAI 2024
– Tesla Technologies brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes
– O programa Navega con rumbo do CPEIG recoñecido polo seu valor social e divulgativo
– Fernando Suárez, presidente do CPEIG, reivindica un Nobel de Informática

– Unha de cada tres firmas galegas de máis de 10 persoas empregadas permite o teletraballo
– AMTEGA e AGASOL impulsarán o software libre nas empresas
– Entrevistamos a Marta G. Franco, autora do libro Las redes son nuestras
– A FP galega incorpora unha ferramenta IA para recrear situacións reais en inglés
– A rapazada de Chantada implícase na 1ª doazón de voces infantís para o Proxecto Nós
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Repasamos o máis salientábel dos días pasados en materia de xogos e consolas
– O MUVI presenta nunha exposición o primeiro videoxogo galego da historia
– Presentado na UVigo o libro branco da accesibilidade gamer



