A Casa dos Veciños de Moimenta (Boiro) vai celebrar ao grande o outono cunha gran festa do magosto, edición 2024. Será este sábado 26 de outubro pola tarde, a partir das 17.00 horas. A celebración, organizada pola veciñanza do núcleo boirense (coa colaboración do Concello), desenvolverase na Casa dos Veciños de Moimenta. O programa incluirá música, xogos tradicionais para a rapazada, música (DJ Reivax), degustacións de castañas e sobremesas típicas traídas pola veciñanza e un espectáculo infantil a cargo do músico multiinstriumentista Paco Nogueiras: o espectáculo Son animal para público infantil e familiar.




