Máis dunha ducia de detidos e varios rexistros nun operativo antidroga no Salnés

02 Outubro 2024

Máis dunha ducia de persoas foron detidas ata o momento nun operativo policial contra o tráfico de heroína que se desenvolve fundamentalmente na comarca pontevedresa do Salnés con ramificacións na provincia da Coruña e Portugal. 

O dispositivo permanece activo desde primeira hora da mañá, na que se produciron os detidos e se rexistraron distintos puntos en municipios como A Illa e Vilanova de Arousa, segundo apuntan fontes próximas á investigación.

A operación, bautizada con Ceira e na que participan Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira, desenvólvese desde a madrugada deste mércores e permanece en marcha baixo segredo das actuacións, segundo confirmou o delegado do Goberno, Pedro Blanco.

Ademais dos arrestos, o operativo incautouse dunha “significativa” cantidade de heroína, marihuana e distintos materiais vinculados ao narcotráfico, así como vehículos e diñeiro en metálico.

Ademais dos arrestos, o operativo incautouse de máis de 20 quilos  de heroína, marihuana e distintos materiais vinculados ao narcotráfico, así como vehículos e diñeiro en metálico.

O operativo incautouse de máis de 20 quilos  de heroína, marihuana e distintos materiais vinculados ao narcotráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.