A chegada dos restos do furacán “Kirk” a Galicia activa avisos por choivas e ventos fortes dcon refachos de ata 130-140 quilómetros/hora na comarca o mércores pola mañá

A borrasca “Kirk” chegará a Galicia este martes, provocando intensas precipitacións e fortes ventos que manterán a boa parte do territorio galego en aviso. A situación prevese que empeore o mércores.
Este martes, as provincias da Coruña e Pontevedra estarán en alerta laranxa debido a choivas que poderían alcanzar os 80 litros por metro cadrado en 12 horas. O interior da Coruña, o sur de Ourense e as montañas de Lugo e Ourense estarán en aviso amarelo por precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado no mesmo período.
O vento, con refachos de entre 70 e 80 quilómetros por hora, tamén activará avisos en toda a provincia da Coruña, Pontevedra, a Mariña luguesa e as zonas montañosas de Lugo e Ourense. Toda a costa galega, excepto o litoral de Lugo, estará en aviso por ventos do suroeste de forza sete.
O mércores, toda Galicia estará en aviso laranxa por choiva, vento ou temporal costeiro, salvo o litoral de Lugo, que terá unha alerta amarela.
Ondas de ata sete metros*
A borrasca ‘ex Kirk’ chegará ao noroeste da península entre a tarde do martes e o mércores, isto provocará un temporal marítimo significativo en Galicia e o Cantábrico, con ondas de ata sete e seis metros respectivamente, ventos moi fortes e precipitacións abundantes no norte e oeste peninsular.



