Desartellada no Barbanza unha rede criminal que vendía 180 quilos de cocaína cada ano

03 Outubro 2024

A Garda Civil desartellou un grupo criminal dedicado ao narcotráfico no marco da operación Claudo. Polo momento detiveron nove persoas, entre os que se atopan os provedores, transportistas e destinatarios finais da droga.

Garda Civil

Este grupo criminal desenvolvía a súa actividade na comarca do Barbanza e chegaba a distribuír grandes cantidades de droga en toda Galicia. Tanto é así que chegaron a vender 10 quilogramos de cocaína cada 20 días.

Para transportar a substancia ilegal con seguridade contaban con vehículos dotados de habitáculos ocultos e motocicletas de gran cilindrada. Utilizaban como cobertura as instalacións dunha coñecida marca de supermercados situada na Ría de Arousa para levar a cabo os pases de substancias estupefacientes e así pasar desapercibidos.

Das nove detencións, a Autoridade Xudicial decretou ingreso en prisión provisional para sete deles. Ademais, producíronse un total de sete entradas e rexistros: dous en Ribeira, unha na Pobra do Caramiñal, outra en Vilagarcía de Arousa, dúas en de Vilanova de Arousa e unha en Sanxenxo.

Froito destas actuacións policiais incautouse 2,5 quilogramos de cocaína, dous quilogramos de marihuana e cinco quilogramos de ácido bórico (substancia utilizada para a adulteración da cocaína) así como diversos medios utilizados para o preparado e distribución de substancias estupefacientes.

Tamén se interviñeron 123.000 euros en efectivo e varios turismos e motocicletas empregados para o transporte de substancias estupefaciente. A operación foi tutelada polo Xulgado de Instrución Nº 3 de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...