“Con permiso: cantar para vivir distinto” – Antón Luaces

07 Outubro 2024

Este sábado, 5 de outubro, choveu  canto quixo en toda Galicia abrindo paso aos trebóns do domingo. Seica o ceo está canso de tanta seca e decidiu regar todo o territorio peninsular disposto, xaora, a pór remate ás regañas da terra e abrir novas posibilidades verdes,  abrochos de ilusión para unha terra na que se murchan tantas e tantas esperanzas, que non está afeita a sacar os santos das igrexas en rogativas para que chova. Agora chove a cachón e disque ven ahí unha nova proba para Galicia da súa capacidade de absorción da auga da choiva.

Metía medo circular o sábado pola autoestrada A Coruña-Vigo, con desvío á autovía a Vilagarcía, unha das cidades importantes da nosa terra arousán que non visitaba dende vai anos e que atopei absolutamente presentábel, dotada de medios e con capacidade para contar con moitos máis.

No Salón García, centro vilagarcián que foi ata vai pouco Casa da Cultura, celebraban ese citado 5 de outubro o XL aniversario dun coro, a Coral de Sobradelo, cualificado por un dos seus dirixentes coma “coro parroquial”, non en ton desprezativo nin falto de recoñecemento da súa capacidade coral, senón para o louvar merecidamente dada a súa capacidade para reinventarse e interpretar as máis diversas pezas. Ben se poden gabar en Sobradelo e o propio municipio de Vilagarcía, deste tesouro, para min descuberto no devandito evento de aniversario, que dirixía Xesús Portas. Un evento este no que asimesmo participaron a coral da confraría “San Martiño” do Grove, dirixida por Josefa Dorado, que foi unha regalía para os que se atreveron a afrontar a chuvieira que todo o deslucía, porque o do pósito do Grove, ben empastado, con magníficas voces, foi o mellor estímulo para demandar todo tipo de consideracións para con quen moi ben pode defender o nome da súa vila.

O coro que abriu o concerto conmemorativo dos 40 anos da Coral de Sobradelo foi a Polifónica Coruñesa Canticorum, dirixida por Pablo Méndez Carreira, que levou á ría arousá a esencia da Torre de Hércules, o que imprime carácter.

Foi unha marabillosa oportunidade de xunguir aínda máis as rías de Arousa e A Coruña, e dar a oportunidade de que barbanzáns de Noia, leonesas e maragatas, xuntaran voces con veteranos mariñeiros da banda do Grove, cántabras, coruñeses con recendos do mar de María Antonia, os cantos sentidos do fondo de Moeche e o faro do Ortegal, ás terras de Lugo e, en definitiva, un ser e un se sentiren galegos para lle desexar á Coral de Sobradelo outros 40 anos máis no pentagrama da vida.

Porque cantar nun coro é sentir a vitalidade que permite o feitío de vivir distinto, de constatar que a música flúe tamén na Galicia da Intelixencia Artificial que todo o invade.

Outros artigos

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

Unos años después de que los filósofos griegos Tales de Mileto, Anaxímenes,yHeráclito buscaran la esencia del universo o el principio fundamental de todas las cosas,Empédocles de Agrigento recogió sus pensamientos y concluyó que “la tierra, el aire, elfuego y el agua”...

+

“A cultura da prevención” – José Manuel Pena

A cultura da prevención tería que ser algo básico en calquera sociedade, con todo non sempre é así e logo lamentámonos das consecuencias, cando xa é demasiado tarde. Todas as empresas teñen que cumprir coa Lei sobre Riscos Laborais, para protexer a todos os seus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

Podéis pensar que me refiero a Trump, a las elecciones, a los que mañana lloraran como decía la madre de Boabdil “defiende como mujer lo que no supiste defender como un hombre” , pues no, no me refiero y con gran dolor a las ultimas horas de Kamala Harris, estaba...

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

El buen periodismo se caracteriza por publicar y difundir noticias veraces y opinionesindependientes para que lectores y oyentes conformen una valoración lo más realposible de lo que está ocurriendo en su entorno próximo y más lejano.Pero hoy circulan por la red con...