Bota a andar en Lousame o proxecto europeo “De monte a monte” con 40 participantes

20 Outubro 2024

Este domingo o mal tempo non impediu o lanzamento do proxecto Erasmus+ “De monte a monte: territorios resilientes”, que unirá durante os o próximos 18 meses a comunidades galegas e portuguesas para botar a andar formas de xestión do territorio máis resilientes frente o cambio climático, incendios forestais e perda de biodiversidade. O proxecto, financiado pola Unión Europea, está coorganizado pola Fundación Montescola (Gz), Verdegaia (Gz) e Veredas da Estrela (Serra da Estrela, Portugal), combinando xornadas práctico-teóricas, formación forestal e visitas de intercambio a ambos os dous lados da raia.

Esta fin de semana a iniciativa xuntou 40 participantes en Froxán, unha comunidade de Lousame que en 2017 foi recoñecida pola ONU como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA), para descubrir cómo aplicar as técnicas de permacultura á restauración forestal e hidrolóxica. Nesta primeira sesión, trazáronse liñas de infiltración de auga (coñecidas en inglés como “swale”) nunha zona de forte pendente na que se eliminou o eucalipto e que está por encima dos mananciais que suministran a aldea. O método, que tamén inclúe a plantación de árbores e arbustos autóctonos, permite que a auga de chuvia entre e se reteña no terreno.

O programa da xornada incluíu unha actividade noctura de observación de morcegos organizada pola asociación Morcegos de Galicia así como o espectáculo teatral “Dramón en Froxán”, unha peza da Pequena compañía de nenos enormes para reflexionar sobre a destrucción ambiental do mundo rural.

Esta é a primeira de 10 xornadas de formación coas mans na terra que continuarán até abril de 2026, de par de sesións de inventariado de biodiversidade e intercambios, para descubrir distintas técnicas e experiencias que fortalezan a resiliencia social e ambiental das comunidades rurais. As seguintes terán lugar o 27 deoutubro en Vinhais/Bragança (Trás-os-Montes) e o 16 de novembro no Ribeiro (Ourense). O proxecto está aberto ao público en xeral e as participantes recibirán unha acreditación da formación recibida finalizado o mesmo.


O programa Eramus+

Erasmus+ é o programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2021-2027 e ten como obxectivo mellorar o desenvolvemento persoal e profesional de todos os cidadáns, reforzar a identidade europea, o crecemento sostible, a cohesión social e a empregabilidade das persoas. Promove o traballo de organizacións no ámbito de asociacións europeas ou internacionais cunha ampla gama de actores públicos e privados e fomenta o intercambio de coñecemento e a innovación nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte. O proxecto “De monte a monte: territorios resilientes” forma parte da Acción Chave 2 – Parcerías de pequena dimensión (KA-2).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...