Aprobadas as axudas á contratación do Obradoiro de Emprego Tahume IX

28 Outubro 2024


O Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, xa está na súa recta final (mentres colle corpo definitivo a edición Tahume X) e dende os ditos Concellos informan da aprobación das axudas dos incentivos á contratación para que as empresas do sector forestal e xardinería que precisen persoal poidan acollerse as mesmas e contratar ao alumnado do Obradoiro de Emprego coas competencias profesionais adquiridas.

O BOP recolle en formato PDF os acordos do Concello de Ribeira para a convocatoria destas axudas por un valor 30.000 euros, que se destinarán a subvencionar a un máximo de 20 contratos con un importe de 1.500 euros por traballador.

A presentación dos incentivos a contratación contou coa presenza polo Concello de Ribeira de Veva Betanzos como concelleira delegada de Promoción Económica, Emprego e Industria, e por parte de Porto do Son coa presenza de Magdalena Pérez Millares, concelleira de Persoal e Xestión Administrativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.