A Oficina Next da Deputación e a Rede Provincial de Coworking, exemplos de boas prácticas

02 Outubro 2024

O municipio San Pedro de Pinatar, na rexión de Murcia, acolleu nos últimos días o II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local, que reuniu a especialistas de todo o Estado español para abordar temas clave como as políticas para enfrontar o despoboamento do rural, potenciar a transformación dixital e a economía circular. Neste foro nacional, a Oficina Next Deputación A Coruña foi seleccionada como unha das iniciativas de referencia a nivel estatal e o seu funcionamento explicouse con detalle durante a mesa redonda Fixando Talento. Iniciativas que funcionan.

A mesa foi moderada por Fulgencio Luis Cerón Moura, axente de desenvolvemento local da cidade Cartaxena e contou coas intervencións de Belén Ferrer Calvo, responsábel de sector público en LHHSpain en Madrid, Fidel García Meseguer, xefe de sección de Desenvolvemento Rural e Despoboamento da Deputación de Valencia, e Raquel Piñeiro López, técnica de Proxectos en Tragsatec que desenvolve o seu traballo na Oficina Next da Capela.

A Oficina Next Deputación A Coruña

A intervención da técnica da Oficina Next consistiu en explicar a importancia de implementar políticas públicas centradas no reto demográfico dende unha perspectiva integral e estratéxica, explicando o caso real da descentralización de servizos cara o rural que levou a cabo a Deputación da Coruña con esta iniciativa, pioneira en toda España no seu día, e que supuxo pór a disposición dos concellos os medios técnicos e humanos necesarios para facilitarlles o acceso fondos europeos para financiar os seus proxectos e a súa posterior xestión. Aínda que a Oficina Next dá servizo aos 93 concellos da provincia, centra especialmente a súa actividade nos concellos máis pequenos e de carácter rural, que son os que menos recursos teñen para acceder a este financiamento e aproveitar os recursos que a UE dota para dinamizar o rural.

A Rede Provincial de Coworking

No foro xurdiron tamén cuestións sobre o fomento do emprendemento na provincia por parte da Deputación da Coruña e a identificación de iniciativas innovadoras relacionadas coa fixación de poboación e a retención e fomento do talento que supón a Rede Provincial de Coworking da Deputación A Coruña.

O interese xerado sobre a Rede derivou en que varios concellos da rexión de Murcia amosáronse interesados en replicar os centros de transformación agroalimentaria como o de Transformando en Brión e A Funquenlla (Moeche), así como iniciativas similares ao centro de emprendemento A Estación do Concello de Vedra.

Paralelamente á mesa do Foro tamén se organizou un programa de radio e realizáronse entrevistas a todas as persoas participantes.

Outros artigos

Domingo 13, sol e temperatura alta

Durante o domingo agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados na metade oeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso ehgando ós 25-27 graos. Os ventos...

+

Dous feridos nun accidente de tráfico en Aguiño

Unha condutora e unha ocupante dun turismo Nissan resultaron feridas tras unha colisión frontolateral na estrada DP-7305, á altura de Aguiño. O accidente, no que tamén estivo implicado un vehículo Fiat, provocou que ambos os automóbiles envorcasen e terminasen en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión