A Deputación da Coruña leva aos concellos da provincia a exposición “Do mar e da terra”

12 Outubro 2024

A deputada provincial de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, presentou o proxecto Do mar e da terra na sede da Deputación da Coruña. “O emprendemento no mundo do mar e do agro é clave para impulsar e diversificar a economía local e fortalecer o tecido social, garantindo o futuro das mozas e mozos no rural da provincia da Coruña”, afirmou Capelán no acto, engadindo que “para a Deputación é estratéxico contribuír a poñer en valor o rural e os seus recursos, como forma de combater o despoboamento e favorecer a igualdade de oportunidades no territorio”, subliñou a responsábel provincial de Mar e Medio Rural.

“Moitas das mozas e mozos que agora están en escolas e institutos serán actores clave do noso futuro compartido e queremos acompañalos na reflexión sobre a idea de que poden construír ese futuro desde o seu contorno máis próximo”, subliñou.

#DoMaredaTerra destaca o exemplo de produtores da provincia da Coruña que demostraron o éxito dos seus proxectos, algúns deles dando o paso para transformar tamén o seu produto de calidade ou establecer sinerxías con outros emprendedores.

#DoMaredaTerra salienta tamén factores chave como a importancia crecente dos criterios de sustentabilidade neste camiño de emprendemento ou o decisivo protagonismo da muller neste compromiso na procura de oportunidades para o futuro do rural.

“A importancia dos nosos sectores produtivos primarios como vertebradores e fortalecedores do noso tecido social e económico queda reflectido nesta iniciativa #DoMaredaTerra”, afirmou Cristina Capelán.

Material didáctico interactivo para as escolas

Ademais dunha mostra con diversos paneis expositivos que percorrerán varios concellos coruñeses nos vindeiros meses, #DoMaredaTerra conta tamén con material didáctico interactivo adicional, libremente dispoñible na rede para o seu uso nas escolas. Trátase de material completamente interactivo, accesíbel a través de computador, tabletas, smartphones ou encerados electrónicos.

Estes contidos educativos foron deseñados para realizar unha sesión didáctica completa nas aulas de primaria e secundaria. De xeito específico, as propostas contribúen a afianzar o espírito emprendedor, fomentando a creatividade e a iniciativa, ao tempo que promoven valores relacionados coa educación para o consumo responsable, o desenvolvemento sustentable e a igualdade entre mulleres e homes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.