A Confraría de Porto do Son acolle este venres unha xornada de divulgación do GALP Costa Sostible

23 Outubro 2024

O local da Confraría de Porto do Son acollerá este venres 25 de outubro, a partir das 19.00 horas, unha xornada de divulgación do GALP Costa Sostible, adicada á análise dalgúns complementos alternativos para o sector pesqueiro e a súa posíbel implantación no territorio. Intervirá ( Sauro Martínez, patrón maior de Sanxenxo, que ofrecerá o relatorio A pesca turismo como complemento da actividade pesqueira. Falará da súa experiencia á fronte do proxecto Mariñeiro por un día, que consiste na organización de excursións de pesca no seu propio barco, o Praia de Sanxenxo, un pesqueiro de 3ª con 11,5 metros de eslora. Estas xornadas finalizan a bordo cunha degustación de produtos da ría. Desta forma a embarcación recibe uns ingresos complementarios que lle axudan a desestacionalizar o seu traballo, adianta o patrón maior.

Na cita tamén intervirá Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa de Arousa, co relatorio A recolección de algas como oportunidade alternativa para o sector. Falará dunha recente iniciativa da Confraría da Illa que consistiu na adquisición dun moderno tractor e dun guindastre para a recollida de algas. Grazas a esta incorporación non soamente se facilitan as actividades de marisqueo, senón que tamén obtéñense uns ingresos extra coa venda das algas a distintos sectores industriais.

Pola súa banda, Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, intervirá coa charla Liñas de axuda para o sector pesqueiro no GALP Costa Sostible. Exporá as posibilidades de axudas que os Fondos Europeos FEMPA ofrecen ao sector da pesca e a acuicultura no horizonte 2027.

Ao remate do acto haberá un pincho-coloquio.

Máis información e inscricións na conta de correo galp.mar.costasostible@xunta.gal e máis no teléfono 638 033 467.

Outros artigos

 A Xunta convocará 1.601 prazas nas oposicións do ensino deste 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou hoxe que a Xunta convocará este ano 1.601 prazas nas oposicións do ensino. Fíxoo nunha visita a Zas para felicitar aos tres docentes Lorena Cerdeira (do Centro Público Integrado de Zas)...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

De que falarán?. Luís Celeiro

De que falarán?. Luís Celeiro

Non se entende nada. En nome da transparencia non din nada, entrementres teñen ao mundo áexpectativa. E, eles, os actores principais, interpretan o que aconteceu e acontece, o falado e o quese fala, á súa conveniencia. Fixeron o guión, ensaiaron mil veces, actuaron,...

“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

Sen ningunha dúbida os anos ofrecen moito experiencia sobre a vida. Algúns continuamos aprendendo e avanzando intelectualmente, outros se estancan e agárranse aos vellos preceptos e costumes. Así nos atopamos co que está a pasar política e socialmente nalgúns países...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.