Ribeira presenta tres roteiros por catro parroquias para mergullarnos na historia do concello

03 Setembro 2024

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou na mañá deste martes 3 de setembro tres novos roteiros deseñados polo seu departamento: un novo programa de 3 itinerarios desenvolvidos para mergullar a visitantes e residentes “na rica e densa historia do noso concello”, sinalou, engadindo que estes roteiros, que estarán dispoñíbeis durante o mes de setembro e outubro, “foron coidadosamente seleccionados para que as persoas que se animen a percorrelos poidan explorar e conectar con eventos e personaxes históricos significativos, coñecer a riqueza da cultura mariñeira, así como gozar da beleza das paisaxes”.

Ademais, dixo, “neste programa exploraranse os momentos clave que formaron a identidade das nosas vilas mariñeiras e observaremos como evolucionou desde as súas orixes ata o presente”.

O obxectivo do programa é amosar unha visión completa das vilas que se visitan (Castiñeiras, Aguiño, Ribeira e Palmeira), comprendendo non só a súa historia e evolución, senón tamén o desenvolvemento da súa comunidade ao longo do tempo.

Estes roteiros están pensados para explicar in situ a evolución de Ribeira, Castiñeiras, Aguiño e Palmeira no século XX, os peiraos, a evolución das fábricas, a salgadura, os fomentadores cataláns, as fachadas marítimas, a arquitectura de comezos de século…. As explicacións do guía serán contrastadas con fotografías restauradas da época.

Suárez-Puerta manifestou “estes roteiros están deseñados tanto para visitantes como para a propia veciñanza e tamén, como non para que os colexios de tódalas parroquias”, engadiu “que se comezará con estes tres roteiros pero que a intención é traballar no futuro para incorporar a tódalas parroquias”.

1. Camiño de Onte (Ribeira)

2. Camiño do Sal (Castiñeiras- Aguiño)

3. Camiño do Castelo (Palmeira)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.