O programa das Festas da Guadalupe xa se pode consultar ao detalle na súa web. A axenda desenvolvese do 13 ao 20 de setembro e foi elaborada novamente pola Moreniña coa colaboración do Concello (en diversos actos institucionais como por exemplo o Día de Padrón, o Día das Persoas Maiores ou a Procesión Marítima).

As actividades comezarán o 13 de setembro co tradicional chupitaso ás 0.00 horas, logo do pregón a cargo de Adrián Mosquera e da chegada do facho olímpico da man do atleta rianxeiro. Será o día da Festa dos 80 (ás 22.00 con Virtual Project Cover Band). Actuarán Abi Pinchadiscos (á 1.00) e Bruno Deejay (ás 3.30).
O sábado 14 actuarán as seguintes agrupacións: Banda de Vilatuxe (ás 10.00), Trécola (ás 10.00), Fogo Fatuo (ás 19.00) e Louband (ás 20.00). Ás 10.00 levarase a cabo unha ruta cicloturista dende a praza de Castelao, ás 11.00 un escape room (todo o día na praza de Manuela), ás 14.00 unha sesión vermú (La Ola ADN), ás 19.30 unha novena con ofrenda na capela da Guadalupe e ás 20.00 un certame de corais no Auditorio (Coral San Blas de Budiño, Coral Santa María de Cambre, Coral Airiños de Nós e Coral Abraira). Pola noite haberá verbena (a partir das 23h) con La Ola ADN, Grupo Bianco, a Escola de Música de Rianxo, Manu X e Bruno Deejay.
O domingo 15 comezará con dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Arca e coa Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña. Logo haberá (ás 12) unha misa solemne na capela da Guadalupe coa Coral Abraira e unha alfombra floral por Alfombristas de Rianxo (Ondiñas Mainas). Ás 13 será a procesión marítima e ás 20h actúa Vai de Roda, na praza Virxe de Guadalupe. Pola noite verbena con Players e Finisterre. Ás 0.00 comeza o espectáculo de drons luminosos.p
O luns comeza cunha alborada a cargo da Banda Cultural de Arcade e cos xogos das Juadalupeñas na praza de Castelo (11.30). Ás 14h haberá unha sesión vermú con Fuego e logo ás 15h celebrarase o xanta popular das Juadalupeñas no parque da Martela. Ás 18h será o Festivaliño e ás 20h haberá cantos populares na praciña. Pola noite actúan Fuego e Kubo.
O martes 17 arrincará co concurso infantil de debuxo na rúa de Abaixo e logo cunha sesión vermú dobre a cargo de Os Festas (ruada) e Solara (na praza de Castelao). Pola tarde haberá obradoiros e demostracións de cultura urbana nos xardíns da Ribeira (breakdance, beatbox, rap) e ás 18.30 comezarán as actividades de irmandade coa vila de Padrón: recepción de autoridades (coa Banda da Escola de Música de Rianxo) e un concerto coa Banda Municipal de Padrón (no Campo de Arriba). Ás 20h actuará a Fanfarria Furruxa e pola noite Solara e a Banda Gaudí.
O mércores 18 arrinca con xogos na praza da Manuela (Xogando Miudiño) e cunha sesión vermú dobre con Nunca é Tarde (ruada ás 11.30) e o Trío Alborada (na praza de Castelao ás 14h). Ás 15 comezarán as homenaxes aos maiores co Xantar de Confraternidade e o baile (ás 16h). Ás 16.30 arrincará a Feira do Circo no parque da Martela e ás 20h a Charanga Santa Compaña ofrecerá unha ruada. A verbena virá da man dos Satélites e de América de Vigo.
O xoves 19 será o día do Feirón Mariñeiro (A Feira do 1924) nas rúas do centro histórico. Ás 12h actúa Cé Orquestra Pantasma e logo o Trío Alborada (ás 14h na praza de Castelao). Ás 21h haberá Noite Folc con Os Campantes da Baña, As Rianxeiras da Covecha, Galega de Bailables e Maruxa e Coralia. Pola noite verbena con Cinema e Gran Parada.
O venres 20 será o día infantil. Haberá unha xincana inchábel na praza Virxe da Guadalupe, unha festa da escuma na praza de Castelao (ás 13h), unha sesión vermú con mar de Arousa e pola noite unha gran verbena con Mar de Arousa, Saudade e Charleston Big Band. Tamén haberá unha unha verbena infantil nos xardíns da Ribeira (ás 23h) con As Máis Molonas de Pakolas. Ás 2.00 horas será a gran traca final da festa coas bengalas e o canto colectivo de A Rianxeira.




