O pleno da Deputación insta á Xunta a retirar a suba dun 30% no canon de SOGAMA

13 Setembro 2024

A Deputación da Coruña aprobou no pleno deste 13 de setembro, cos votos favorábeis de PSOE e BNG, a abstención de Alternativa dos Veciños e o voto en contra do PP, unha moción presentada por socialistas e nacionalistas rexeitando a suba nun 30% do canon que os concellos pagarán en 2025 a SOGAMA polo tratamento de residuos.  Na mesma sesión, o pleno rexeitou unha moción do PP na que se pedía ao Goberno central que “suprima todos os impostos que gravan a actividade do tratamento de residuos”.

Dende o Goberno da Deputación (PSOE e BNG) explicaron que a suba do canon suporá para os concellos pasar dos 66 euros actuais a 108 euros por tonelada de lixo, “o que vai ocasionar un gran impacto nas arcas municipais e no recibo que paga a veciñanza”.

No texto da moción aprobada ínstase á Xunta a manter o canon establecido aos concellos galegos adscritos á xestión de residuos en SOGAMA nos 66,00 euros.

“Senón, bonifiquen o 100% da suba. Por que anuncian unha bonificación do 60% e non do 100% ?”, afirmou o portavoz do PSOE, Bernardo Fernández, que considerou que en Galicia “hai un problema de modelo do tratamento do lixo, que segue exactamente igual desde 2008, e que aposta basicamente pola incineración, o modelo menos ecolóxico, pese a que saben que as directivas europeas van polo camiño de que o que contamina, paga”.

Neste sentido, Fernández lembrou que “aínda que o PP trata unha vez máis de culpar disto ao Goberno de España, parte dunha premisa falsa porque a realidade é que non parte dunha lei estatal, senón da trasposición dunha directiva europea, que parte de 2018, cando gobernaba o señor Rajoy”, afirmou.

“O que piden é que o Goberno de España incumpra unha directiva europea”, afirmou o portavoz socialista, que pediu tamén manter a anterior bonificación do 15% da que se beneficiaban 118 municipios galegos pola implantación do contedor marrón.

Pola súa banda, a deputada Avia Veira incidiu tamén neste aspecto: “O taxazo ten causas e consecuencias. O PP culpa ao Goberno pero obvia a directiva europea” e criticou “a aposta da Xunta pola incineración, que sitúa a Galicia na cola do reciclaxe, cun 21% cando tiñamos que reciclar o 50% dos residuos”.

Veira censurou tamén “a deriva suicida” da ampliación de SOGAMA, priorizando incineración e vertedoiro” en detrimento doutros sistemas máis ecolóxicos e sustentábeis.

A moción aprobada pide ao Goberno galego” “que mude a súa política de xestión de residuos cara a unha xestión descentralizada con plantas de proximidade”; e “primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiro, axudando economicamente aos concellos para a implantación do contedor marrón ou formas análogas de tratamento diferenciado dos residuos orgánicos”.

Tamén esixe que se reparta a contía de 12.100.000 millóns de euros en concepto de Fondo Ambiental entre todos os concellos galegos, “utilizando como criterio de reparto o número de toneladas depositadas por cada concello”. Trátase, sinalouse, “de diñeiro que pertence ás entidades locais ao seren detraído do Fondo de Cooperación Local”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...