O Museo Valle-Inclán da Pobra participa da 30.ª edición anual de ACAMFE

14 Setembro 2024
Directivos das casas museo, Uxio e Branca Novoneyra, da Fundación de seu pai, Antonio Piñeiro da Fundación Curros Enríquez e Antonio González Millán do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, a institución valleinclaniana decana do país, coa vicepresidenta segunda do goberno, Yolanda Díaz

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal participa da 30.ª edición do encontro anual de ACAMFE, a asociación de casas museo e fundacións de escritores, entidade profesional que reúne a 40 centros museísticos do país. Nas xornada participou o director do Museo pobrense, Antonio González Millán

Dentro do programa de sesións de traballo realizadas na Residencia de Estudiantes de Madrid, este venres 13, trasladámonos á Biblioteca Nacional de España, para asistir a un encontro coa Vicepresidenta segunda e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, interesada e agradecida polo traballo desenvolto desde os museos literarios e visitar xuntos a exposición «Unamuno y la política. De la pluma a la palabra».

Igualmente durante esta xornada, mais xa no marco das presentacións de entidades coas que colabora ACAMFE, propuxéronse liñas de cooperación pola Asociación de Casas-Museu literarias de Portugal, Assoziacione della Casa di Memoria de Italia e Espais Escrits. Rede de Patrimonio Literario Catalán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.