O Museo do Gravado de Artes inaugura este venres en Exponav unha mostra con litografías do Club da Estampa de Bos Aires

12 Setembro 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), en colaboración co Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo (España), vai inaugurar esta semana en EXPONAV, o Museo da Construción Naval de Ferrol, a exposición Litografías. Será este venres, 13 de setembro, ás 19.00 h.

Segundo explican dende o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) para contextualizar historicamente esta proposta expositiva, a serie de litografías editada en 1968 polo Club de la Estampa de Buenos Aires, titulada Variaciones sobre el Grabado, está formada por 2.000 carpetas nas que participaron 25 artistas, cada un cunha estampa. Este autodenominado “club” foi promovido por Albino Fernández, co propósito de agrupar nel aos artistas do gravado arxentinos, incrementar o coñecemento e valorización do feito gráfico, e promover a difusión do gravado e a creación de coleccións especializadas.

Entre os artistas atopamos dous nomes destacados na arte do noso país, como Laxeiro e Luís
Seoane. Ámbolos dous formaran parte en Galicia do Movemento dos Renovadores, “denominado así debido á mudanza que fixeran do panorama artístico fronte ao rexionalismo propio da época”, explica o Museo do Gravado, engadindo ademais de Seoane e Laxeiro, a colección inclúe os seguintes nomes: Carlos Alonso, Eduardo Audivert, Líbero Badii, Luis Oreste Balduzzi, Luis Barragan, Adolfo Bellocq, Juan Bordalejo, Carlos Cañas, Héctor Capurro, Juan Carlos Castagnino, Carlos de la Mota, Alfredo de Vicenzo, Albino Fernández, Roberto González, Horacio Juárez, Naum Knop, José Otero Laxeiro, Aurelio Macchi, José Manuel Moraña, Norberto Onofrio, Antonio Pujia, José Rueda, Luis Seoane, Abel Bruno Versacci e Daniel Zelaya.

Ademais, esta carpeta inclúe un texto introdutorio de Leonardo Estarico onde se realiza unha análise filosófica da imaxe en relación coa historia do ser humano e coa propia historia do gravado.

A mostra poderá visitarse do 13 de setembro ao 6 de outubro de 2024.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.