O Concello de Rianxo únese á fronte común contra a suba do canon de SOGAMA

09 Setembro 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, mostrouse moi crítico coa suba do canon de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente) pola recollida e tratamento dos residuos que terán que asumir os concellos (un incremento que partiría dos iniciais 66 euros por tonelada a 108 euros en 2025). Nas súas declaracións advertiu “do grave impacto sobre o orzamento municipal do 2025 que terá esta suba anunciada pola Xunta, unha decisión unilateral que unha vez máis afoga a economía dos concellos”.

Bustelo uniuse deste xeito ao cada vez máis nutrido grupo de alcaldes e alcaldesas de toda Galicia que esixen “unha rectificación e unha negociación cos municipios, xa que o incremento é desproporcionado”. Segundo indicou, “a Xunta anunciou hai uns días un canon único e incrementado para todos os concellos, que no ano 2025 pasará de 66 euros por tonelada de residuo a 108 euros. No caso de Rianxo, esta subida suporá pasar a pagar 150.000 euros máis ao ano”.

“O imposto ao que fan referencia para xustificar a decisión é un imposto derivado dunha Directiva europea e que grava a incineración e o depósito en vertedoiro, as fórmulas que usa SOGAMA de forma prioritaria, en contra de todas as recomendacións europeas e en vez de apostar por un plan de residuos que fomente a reutilización e a reciclaxe”, engadiu o alcalde rianxeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.