“Melide, a de máis ovos” – Antón Luaces

16 Setembro 2024

Trataban os melidenses de gañar un título de honra: a vila coa maior tortilla española do mundo. E abofé que acadaron esta fin de semana o que con tanto afán perseguían. Todo, grazas a unha tortilla de seis metros de diámetro, 1.700 quilos de pataca, 30 quilos de sal, 300 litros de aceite e 15.000 ovos. Deste xeito a veciñanza elaborou o que buscaban con tanta ansia: a tortilla española máis grande. Unha circunstancia esta na que se involucraron bo número de veciños da vila da man de Ecocentro SC, empresa familiar melidense que comercializa un determinado tipo de ovo e que permitiu a esta histórica localidade coruñesa bater o récord Guinness no marco da I Feira Feira do Ovo Campeiro.

Segundo informaron os organizadores deste evento,  a tortilla de Melide, pouco feita pero máis ca que de Betanzos, tiña bo sabor e “deixouse comer con apetito” ao dicir dun dos “probadores”. A expectación foi moi grande, tanta coma o tempo que botaron os “cociñeiros” na súa elaboración: catro horas.

A “tixola” empregada para facer esta “obra de arte” pesou 8.000 quilos, que houbo que voltear con moito esforzo e o tremor no corpo dos encargados de tamaño aparello e o máis de medio cento de persoas que contribuíron a facer realidade o que querían: unha tortilla de manda ovos que, a partir de agora, competirá coa rosquilla e o polbo á feira, referentes seculares deste municipio situado ao sur de Santiago de Compostela polo que transcorre o Camiño de Santiago e que foi fundado -polo menos así aparece documentado- no ano 1.140. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.