Comeza a conta atrás para a andaina solidaria sonense a prol de GaliciAME, que se prevé multitudinaria e sen chuvia

26 Setembro 2024

Este domingo 29 de setembro non temos escusa para non saír a camiñar: por unha banda Meteogalicia anuncia unha paréntese de relativa calma climática e, pola outra, celébrase en Porto do Son a Andaina-Xornada Familiar de GaliciAME, actividade solidaria e gratuíta que ten o seu punto de partida na fachada marítima da vila sonense (ás 11.00 horas) e na que poden participar persoas de todas as idades (terá seis quilómetros de percorrido). Serán seis quilómetros de dificultade baixa, ideais para desfrutar en familia.

Segundo se informou na presentación formal da andaina (celebrada este mércores 25 de setembro no Son, nunha cita na que participou a presidenta de GaliciAME, Merchi Álvarez, o pequeno-gran superheroe da asociación, Tiago Oujo, o alcalde do Son, Luis Oujo, o concelleiro de Deportes Carlos Lorenzo, e o músico da nosa comarca Javi Maneiro, padriño da iniciativa), xa hai preto de 300 persoas inscritas na camiñada, aínda que a previsión é acadar unha cifra aínda maior (inscricións no 981 767 589 ou no correo osoncamina@gmail.com).

Ás 13.30 horas, no Campamento Virxe do Loreto, celebrase unha xantar familiar con xogos, inchábeis e sorteos.

O recadado servirá para apoiar a causa solidaria de GaliciaAME, Asociación Atrofia Muscular Espinal, que contribúe dende hai anos (grazas en boa medida ás doazóns de cidadanía e entidades) á investigación centrada na AME (Atrofia Muscular Espinal), doenza xenética que afecta ás neuronas encargadas do movemento na medula espinal.

A actividade vén da man de GaliciAME e o Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.