A agrupación Assircópatas ofrece este venres 6 de setembro en Boiro un espectáculo pata todos os públicos e familiar. Trátase de Rogelio la Fête, A cita será ás 19.00 horas no Campo de San Roque.
A Compañía
Assircópatas compañía de circo, clown e teatro xestual de Cangas do Morrazo foi fundada en 2003. Baixo este nome traballa Dani Blanco, agora en solitario. Con 8 espectáculos de circo ás súas costas entre outros. Cos seus espectáculos participou en festivais por todo o mundo: Holanda, Palestina, Colombia, etc. As funcións de Assircópatas mesturan o clown co teatro máis social e reivindicativo.
Sinopse
Este espectáculo pecha a triloxía da soidade. Rogelio está de aniversario. Pero está el só. Está todo listo: agasallos, karaoke, só faltan os seus amigos. Hai que esperar. Na vida hai que saber esperar. Agora non están porque non viñeron, pero cando veñan xa van estar. Pero tamén podemos divertirnos mentres esperamos. A traxicomedia da vida. Un espectáculo de clown, no que nos fartaremos a rir co mellor circo.