Accidente de tráfico con tres feridos nunha colisión con cinco coches implicados no corredor de Noia

15 Setembro 2024

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados dun accidente de tráfico acontecido na VG-1.5, á altura do punto quilométrico 21,500, no termo municipal do concello de Lousame. No accidente houbo cinco turismos implicados e tres persoas resultaron feridas.

En total tres persoas foron evacuadas logo producirse un accidente con cinco vehículos implicados, ao seu paso por Lousame.

Sucedeu dez minutos antes das 20:00 horas deste domingo. Un particular, que se atopaba no punto do accidente, foi quen chamou ao 112 Galicia para informar do suceso. Indicaba que unha muller podería necesitar asistencia sanitaria.

O accidente tivo lugar na CG-1.5, quilómetro 21.5, dirección Santiago, á altura de Toxos Outos (San Xusto).

Nada mais recibir o aviso, desde o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia que, finalmente, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade, foron trasladadas tres persoas ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.