Aberto o prazo para participar no Xantar dos Maiores de Rianxo (o 18 de setembro)

04 Setembro 2024

O Concello de Rianxo informou da apertura do prazo de inscrición para participar no Xantar das Persoas Maiores 2024. A cita festiva de confraternidade, que se celebrará o mércores 18 de setembro en Casa Pachín, terá un custo de 20€ por persoa. Dispoñerase de un autobús para recoller ás persoas asistentes en cada unha das parroquias. As inscricións poderanse formalizar de luns a venres no Cuartel Vello, de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. O evento encádrase nas celebracións das Festas da Guadalupe, de cuxo programa dimos conta ao detalle os días pasados dende este medio, informando de que as celebracións dos maiores do día 18 está previsto que comezan ás 15 horas e que inclúan, ademais do xantar, un baile a partir das 16 horas. Pola noite haberá verbena en Rianxo da man dos Satélites e de América de Vigo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...