A Pobra volveu tinguirse de cor morada co Nazareno

15 Setembro 2024

Devoción. Ese é o sentimento que se palpaba na Pobra do Caramiñal nun dos seus grandes días con motivo da procesión votiva das mortallas. O terceiro domingo do mes de setembro volveu tinguirse de cor morada e ulir á cera das candeas prendidas.
O repique das campás anunciaba pasadas as 10.30 horas a saída da imaxe da igrexa de Santiago do Deán acompañada de multitude de fieis e ao compás das agrupacións musicais que tamén integraban a comitiva.
Tamén asistiu o arcebispo da Diocese de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto.
E, se hai algo que caracteriza a esta procesión, é a participación de cadaleitos ofrecidos por superar unha enfermidade ou evita-la morte: catro de persoas adultas neste 2024.


Ao paso do Nazareno pola Covecha comezou a tradicional sucesión de bombas de palenque; parada na que numerosos devotos aproveitaron para pasar algunhas das súas pertenzas pola túnica co obxectivo de que
lle transfira a súa protección.
No desfile participaron o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e demais membros da corporación municipal, así como o rexedor de Boiro e representantes de forzas e corpos de seguridade, entre outros.
Este evento relixioso contou cun amplo operativo de seguridade e emerxencias sanitarias coa finalidade de evitar calquera incidente.
As catro xornadas de celebración do Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, chegarán ao seu fin no luns 16 co espectáculo combinado de drons e fogos de artificio ao son da música, o primeiro destas características en todo Galicia.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...