A ANPA de Dodro reclama a incorporación inmediata do profesor de Audición e Linguaxe ao CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

20 Setembro 2024

A Asociación de Nais e Pais de Dodro, a través da familia dun alumno do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, emitiu un comunicado no que reclama a incorporación dun profesor de audición e linguaxe ao corpo docente do dito centro educativo. Explican que “na presentación de comezo de curso celebrada no CPI o pasado 10 de setembro tivemos coñecemento que a praza de Audición e Linguaxe non estaba cuberta para o curso actual e que non se prevía a incorporación inmediata dun profesor tal e como se veu facendo dende que o noso fillo está en Educación Primaria e Secundaria, o cal resulta especialmente irritante, cando existen profesores substitutos de AL agardando nomeamento e destino”.

No comunicado din que a solución adoptada ante esta carencia pola administración educativa (PROA +) “non responde a unha planificación rigorosa” nin “a unha resposta áxil e organizada das demandas do Departamento de orientación feitas en tempo e forma, xa que a concesión deste novo profesional non sería inmediata nin sería para todo o curso, amén de estar suxeita a outros criterios (máis aló do departamento de orientación) que, finalmente, poderían derivar na non concesión do PROA+”.

Aclaran que as necesidades educativas do neno principalmente afectado e, tamén, doutros alumnos do centro con graves deficiencias auditivas e de de aprendizaxe (xordeira, dislexia, trastorno específico da linguaxe, alumnos con próteses auditivas, …) “fan imperativa a incorporación inmediata dese especialista nos mesmos termos que se viña facendo”. Se persiste esta eiva, din, “estarase a incumprir o artigo Artigo 5 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, relativo a calidade como principio ao non cubrir coa dilixencia necesaria e celeridade oportuna as prazas requiridas dende os centros educativos”.

E engádese no comunicado: “Con esta decisión vulnérase gravemente o dereito do meu fillo, e por extensión o de todo o alumnado con NEE e ANEAE do centro, ao non atender de forma prioritaria as súas necesidades cos apoios e atencións educativas específicas tal e como establece a Orde do 8 de setembro nos artigo 7 e 27 onde se afirma que os nosos fillos contarán cos recursos profesionais e materiais adecuados para prestar unha atención educativa de calidade, inclusiva e para a diversidade”.

Por todo o devandito reclaman “o chamamento e incorporación inmediata do profesor de Audición e Linguaxe ao CPI Eusebio Lorenzo Baleirón nos termos que se fixo sempre”, e, tamén, “que se detallen os motivos que levaron á desaparición da praza entre unha resolución e outra do CADP”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.