A ABE entrega á Cruz Vermella o importe recadado pola venda da camiseta solidaria Somos Boiro

19 Setembro 2024

Na mañá deste 19 de setembro o presidente da patronal boirense (ABE), Daniel García fixo entrega ao seu homólogo na agrupación local de Cruz Vermella en Boiro, Julio García dunha doazón de 100€ correspondente á venda das camisetas solidarias Somos Boiro.

A iniciativa promovida pola ABE celebrouse na pasada edición de Fora Stocks Boiro na que se puxo á venda unha edición limitada de 50 camisetas e das que se destinou 2€ de cada unha delas a fins solidarios.

Nesta ocasión a entidade destinataria da doazón foi Cruz Vermella Boiro coa que a ABE ten un acordo de colaboración e como indicou o seu presidente “estes fondos destinaranse a completar as accións que estamos desenvolvendo de cara a volta ao cole das familiar mais necesitadas da localidade”

Pola súa parte o presidente da patronal de Boiro quixo destacar que “esta foi unha iniciativa piloto que ante o éxito acadado repetiremos no futuro destinando as doazóns a diferentes entidades sociais do municipio”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.