Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 14:51 horas deste mediodía dun incendio nunha vivenda na Rúa Vimieiro, no Concello de Boiro. O afectado foi derivado ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.
A incidencia foi ocasionada por unha tixola ao lume, extinto o fume polos propios inquilinos da vivenda. Foron trasladadas ao centro sanitario por inhalación.
Á chegada dos bombeiros, o lume fora practicamente sufocado polos veciños, que acudiron para axudar, así que os efectivos do parque comarcal de Boiro centráronse en ventilar e comprobar que o lume estaba ben apagado.
Certamente, atopáronse coa vivenda chea de fume, posiblemente polo incendio dunha tixola que quedara esquecida no lume.
A maiores, na casa había acumulados moitos obxectos, polo que solicitaron o apoio das forzas da orde para coñecer con detemento a situación.
Quen chamou ao 112 para alertar polo incendio foron os axentes da Policía Local, pouco antes das tres desta tarde, que estaban de camiño ao domicilio, na Rúa Vimieiro, en Boiro. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para completar o operativo cos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Finalmente, un dos ocupantes da vivenda tivo que ser trasladado ao centro sanitario tras inhalar fume do incendio.

O labor dos bombeiros consistiu na comprobación da vivenda, equipados con ERAS e mediador de gases, cámara térmica e extintor. Ventilaron de forma natural coas fiestras e ventás a vivenda e cortaron os servizos de gas e cadro eléctrico por seguridade.
Completaron o operativo a Policía Local de Boiro, a Garda Civil de Boiro, o 061 e o SMPC de Boiro.



