Trece establecementos sacan os seus produtos á rúa da Pobra do 9 ao 11 de agosto

04 Agosto 2024
C.P.


Téxtil, calzado, alimentación, artesanía… Isto é o que se poderá atopar nunha nova edición do Comercio na Rúa que se desenvolverá na praza do Emigrante do 9 ao 11 de agosto. Trátase dunha proposta coa que a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal busca incentiva-las compras no pequeno comercio aproveitando o bo tempo e o aumento da poboación na localidade durante o verán.
A edil Amparo Cerecedo incidiu na importancia de promover este tipo de iniciativas dende a Administración local para “dinamiza-la vida económica do municipio, nesta ocasión, sacando á rúa os produtos do comercio polo miúdo, do comercio de quilómetro 0, para poñer así en valor os artigos de calidade que ofrecen, a atención personalizada e o trato próximo”, ao mesmo que se xera espírito de comunidade. Destacou tamén o
incremento da participación e heteroxeneidade nesta convocatoria, pasando dos 5 establecementos do pasado ano aos 13 do actual, tanto da Pobra coma doutros municipios: Mandarina, Mi barquito de papel, El
armario de mi amiga, Fina Campaña, Burbujas, Paino Maina, Inés Marcos, Azafrán, Lusco Fusco e os/as artesáns Noites de Datura, Flow de Meiga, Jessica Tahim e Mil Colores. Todos eles estarán situados en postos
cunha coidada estética, como se estivesen nos seus propios locais, para poñer en valor a imaxe comercial.
E tamén hai novidades, pois esta iniciativa non se limita á transacción comercial como salientou Cerecedo. Haberá un stand de trocos de artigos e outro con recomendacións para, por exemplo, o coidado da roupa.
Pola súa parte, a técnica municipal desta área, Sara Sánchez enumerou os obradoiros de balde cos que tamén se avivará a afluencia nesas datas: ópera e break dance (venres 9, ás 21.00 horas, con Esperanza Mara e A
Vella Escola, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa FalaRedes), tai-chi (no sábado 10, de 11.00 a 12.00 horas, con Sergio García), bailes latinos (no sábado 10, de 21.00 a 22.00 horas, con Tania Dorca), swing (no sábado 10, de 22.00 a 23.00 horas, con Carlos Tomico), ioga (no domingo 11, de 11.00 a 12.00 horas, con Punto Zen Yoga Estudio) e baile tradicional (no domingo 11, de 12.00 a 13.00
horas, con Arrancadeira). Requírese preinscrición a través do enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com, se ben tamén haberá prazas dispoñibles nos propios talleres.
A inauguración terá lugar no venres 9, ás 20.30 horas, e o horario de apertura será no venres 9, de 20.30 a 23.00, e no sábado 10 e domingo 11, de 11.00 a 23.00 horas.
Falou, así mesmo, María Triñanes, de Zapatería Mandarina, quen valorou positivamente a súa experiencia en anteriores convocatorias desta proposta. Considera que é “moi beneficiosa” para o sector ao congregar a
varias tendas nun único lugar, servindo como punto de unión, ademais de achegarlle á veciñanza a presenza destes locais, especialmente, entre a mocidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...