Ribeira suma dúas praias caninas e xa ten cinco habilitadas

20 Agosto 2024

O rexedor, Luís Pérez e a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Animal, Antía Alberte desprazáronse ata a Insuela (Palmeira) para anunciar as novas praias habilitadas para acudir con mascotas no concello de Ribeira.
Pérez Barral manifestou que ista é unha medida moi agardada e demandada polos amigos/as dos animais. Comunicou que están habilitadas 3 pequenas calas da Insuela para poder utilizar todo o ano e con horarios ilimiatado; son as calas que están entre “Punta Aguiúncho” e a “Pedra da Igrexa dos Mouros”.
Ademais destas tres calas en Insuela tamén se habilita outra con horario na parroquia de Ribeira que é a praia da “Gavoteira” que está xusto antes da Praia do Touro con horarios establecidos entre as 20:00 e as 11:00 horas do día seguinte. Estas praias súmanse á de Couso que leva habilitada dende o ano pasado. “Con esta medida o Concello de Ribeira xa ten 5 praias en 3 parroquias diferentes e polo tanto seguimos avanzando no compromiso establecido ca veciñanza” finalizou Luís Pérez.
A concelleira de Benestar Animal tamén incidiu que é unha demanda veciñal á que se lle dá resposta. Antía Alberte argumentou que “na nosa contorna aniña a píllara da dunas, ave protexida e en perigo de extinción que só aniña no litoral Atlántico, co cal, nos meses de aniñamento débese ter moito coidado cos cans para evitar danar as postas nos areais.
Segundo detallou “os ovos son moi pequenos e están camuflados e os cans poden comer nun momento os ovos de aí a problemática aínda que a intención do dono é pasear co can pola praia para que goce da natureza”.
Alberte quixo remarcar e poñer en coñecemento da veciñanza que a praia de Coroso é un areal catalogado como de presenza de píllara, “e por exemplo, a de Couso está como de potencial aniñamento; isto significa que nalgún momento os axentes ambientales da Xunta de Galicia xa a teñen catalogada como área a reservar, obrigando a ter períodos nos que se pode ir co can e outros que non”.
O períodos de aniñamento son do 15 de marzo ata o 15 de xullo, período nos que non se pode por lexislación levar ao can a esas praias afectadas pola Píllara.
A concelleira de Medio Ambiente e Benestar Animal mostrou a súa alegría por sumar novos areais e de facer que Ribeira sexa unha referencia ao apostar polo benestar animal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...