Ribeira recuperou para as Festas do Verán a gran sardiñada que se celebraba no campo da Feira

05 Agosto 2024

En Ribeira, onde se localizada na actualidade a praza do Centenario, existiu até o actual século o campo da Feira, un recanto arborado de reunión veciñal, celebracións e lecer infantil que en verán, nestas datas, servía tamén como escenario de romarías e exaltacións gastronómicas.

Este domingo ás 13.30 horas o Concello queixo recuperar este espírito e incluíu no programa das Festas do Verán unha gran sardiñada na zona próxima das Avesadas, a onde se trasladou no seu día, coa construción da praza e do parque do Centenario, parte do arborado que existía no campo da Feira. A sardiñada resultou ser un éxito de participación, polo que todo indica a que se seguirá a recuperar esta tradición en vindeiras edicións das Festas. Acompañouse de música, con sesión vermú a cargo de Amores de Barra.

Previamente celebráronse na praza do Concello actividades para a rapazada, con inchábeis e xogos. Pola noite, na praza de España, volveu o Ribeira Urban Fest, con Juanma López, Rokiño, Silvia G, Dumore e Diego Tercero. A verbena nocturna contou coa presenza da Orquestra Platinum (ás 23h no Malecón). A xornada rematou ás 0.00 no paseo do Touro co tradicional combate naval pirotécnico e cos fogos de artificio.

Este luns 5 de agosto todas as atraccións de feira estarán a prezos populares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.