“Peixe salvaxe ou de acuicultura?. Unha elección obrigada” – Antón Luaces

14 Agosto 2024

España vai á cabeza da UE en produción acuícola. Este é, ao mesmo tempo, o sector con maior proxección en España e avanza nos seus compromisos a prol dunha alimentación sustentable e de futuro, segundo consta na memoria de sostibilidade bienal que conforma o sector acuícola español adicado á produción sustentable de peixes e algas en mares e ríos.

En total, España produce o 81% do volume nacional de produción de peixe de acuicultura nos nosos mares e ríos, sendo os eixes do sector a economía circular, a innovación e a sustentabilidade.

A acuicultura preséntase coma unha solución rendible para garantir unha alimentación saudable procedente do medio mariño e dos ríos. Aporta valores nutricionais das proteínas animais sen esgotar os recursos naturais. O 50% dos españois consume, sen o saber, peixe procedente da acuicultura de orixe española. E para o ano 2050, o peixe representará o 25% da proteína necesaria para alimentar ao mundo, un crecemento que algunhas fontes estiman que só se pode asumir grazas á acuicultura e a súa aposta pola sustentabilidade.

A organización Acuicultura de España coida que este sector é a fonte de ingresos para milleiros de familias de tradición pesqueira. En ningún caso se cita ao sector pesqueiro que, en Galicia, multiplica por moitos enteiros ao da acuicultura e aporta á economía desta comunidade un PIB que, nin de lonxe, acada o acuícola. A este é o cultivo mexilloeiro o que máis rendibilidade produce. E no que atinxe á man de obra, o sector da pesca extractiva en practicamente todos mares do mundo realizada por barcos e mariñeiros galegos, multiplica a día de hoxe o que a acuicultura aporta a ese Produto Interior Bruto (PBI) anteriormente citado. Tendo perdido moito Galicia nos derradeiros anos da súa produción pesqueira e marisqueira, o certo é que estabelecer comparanzas entre a acuicultura e a pesca mariña é un disparate, se mire por onde se mire. E no aspecto socioeconómico resulta incuestionable a preponderancia do sector pesqueiro. Talvez sexa hora de lle dar a este o valor que lle corresponde e non  centrarse exclusivamente en enxalzar a unha acuicultura que, sendo importante en esencia, hoxe en día non pode arrombar ao seu sector pesqueiro, que da emprego -segundo fontes da Consellería do Mar- a 50.000 persoas, o 50% do emprego marítimo-pesqueiro de España. Só no Réxime Especial de Traballadores do Mar, Galicia é a comunidade que máis afiliados rexistrou, de media, no que vai de 2024. 

A principios deste ano, a frota pesqueira galega totabiliza 4.000 barcos, a maioría deles faenando no caladoiro Cantábrico-Noroeste.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.