Como cada ano por estas datas toca determinar en sesión plenaria os festivos locais de Ribeira que estarán
en vigor no próximo ano. Neste 2024 tivemos o Martes de Entroido e o Día dá Dorna.
No pleno extraordinario que se celebrará este xoves, o Partido Barbanza Independente (PBBI) defenderá como festivos locais o Día de Santa Uxía, patroa da cidade, o 12 de setembro, e o Martes de Entroido,
que coincidirá o 4 de marzo. O seu portavoz, Vicente Mariño de Bricio, indicou que esa é a postura que os integrantes da formación política acordaron defender no pleno da corporación municipal no que se debata
sobre este asunto. Xa na sesión plenaria do pasado ano anunciasen que optarían por ir rotando os festivos, o cal se ratifica con esta decisión.
Por outra banda O PP debate estes días a súa proposta que levará o pleno. Todo apunta a que a formación popular proporá como festivos locais A Dorna e A Patrona Santa Uxía. Mentres as outras formacións políticas que encabezan o executivo local (BNG e PsdeG_Psoe), manterán o Martes de Entroido e a Dorna.
Mentres A Pobra xa decidiu que o 18 de agosto (luns do Carme dos Pincheiros) e o 22 de setembro (luns do Nazareno) serán festivos locais na Pobra en 2025.
Tamén Boiro aprobou xa os seus que serán o día de San Xoán (24 de xuño) e o día do Carme (16 de xullo), festivos en Boiro en 2025.

A posición do PBBI, igual que en anteriores ocasións, é froito de escóita activa do tecido empresarial. Trátase, por tanto, de defender os intereses da hostalería e do comercio; sectores para os que o Martes de Entroido
xera un importante fluxo económico nos seus negocios durante ese período invernal. E, en consonancia, a formación sempre defenderá as propostas que contribúan ao desenvolvemento económico e xeración de emprego.
Nesta senda, pero engadíndolle tamén o compoñente social, está a opción do Día de Santa Uxía, que coincidirá cun venres. O Partido Barbanza Independente considera que sería beneficioso crear unha programación festiva contorna a esta data para dinamizar o municipio no mes de setembro. Habería que potenciar esa fin de semana, eses tres días, cunha programación á altura con actividades para todos os públicos que axude tamén a que vaia in crescendo ese movemento económico e social.
E esta elección non vai en detrimento do Día dá Dorna, 24 de xullo, pois esta non implica unha actitude contraria a esta Festa de Interese Turístico de Galicia.
O próximo ano recaerá nun xoves, e, a seguinte xornada, é o venres 25 de xullo, Día de Galicia, festivo autonómico. Estariamos así ante case catro días consecutivos non laborables.
O partido é consciente da importancia que ten o Día dá Dorna a nivel económico, turístico, cultural e social, pero considera que, dado o esgrimido, é máis adecuado decantarse polos outros festivos. Por iso, o
PBBI confía en que os demais grupos da corporación apoien esta proposta.



