O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pon en valor a profesionalidade da Agrupación de Marisquero a pé

30 Agosto 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu ao xantar ‘Fin de Campaña’ organizada pola agrupación de marisqueo a pé de Muros onde puxo en valor a profesionalidade e bo facer das profesionais do pósito
murudán. Alí destacou que a súa dedicación e compromiso contribúen ao liderado do sector pesqueiro galego poñendo no mercado un produto de incomparable en sabor e calidade. O responsable autonómico subliñou que as xentes do mar son o auténtico segredo e factor singular que fai de Galicia unha potencia acuícola a nivel continental.
Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir articulando medidas en apoio da actividade marisqueira, motor económico e de emprego, sempre da man do sector que son os que mellor coñecen as necesidades e desafíos aos que se están a enfrontar. Nesta liña, e parafraseando a campaña de promoción impulsada pola
Consellería do Mar, GALICIA SABE AMAR, é grazas a homes e mulleres que día a día levan aos mercados os mellores produtos do mar. Por último, felicitou á agrupación por esta iniciativa e manifestou que xunto, Xunta de Galicia e o sector, o futuro do sector pesqueiro da nosa comunidade está asegurado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.