O 14 de agosto comeza o Torneo de Tenis Open de Portosín

07 Agosto 2024

Este mes de agosto vaise celebrar o Torneo de Tenis Open de Portosín (a III Proba do Barbanza e a III Proba do Circuíto Social) organizada pola Asociación de Tenistas de Portosín (Porto do Son). Celebrarase entre o 14 e o 18 de agosto, nas pistas de Trapa e no Polideportivo. As categorías que se establecen son absoluto masculino e feminino e, tamén, categorías inferiores. As finais serán o día 18 de agosto.

As inscricións cómpre facelas nos teléfonos 691203243 e 676614882. Tamén se pode solicitar información sobre as probas nestes números de teléfono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...