A campaña do verán pasado para o mexillón galego fora, en palabras do sector, “desastrosa”. Este ano a produción mellorou en cantidade e calidade.
Este domingo en Vilanova de Arousa, procedentes das bateas, os barcos chegaban a porto e descargaban os mexillóns. Desde a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia veñen de abrir a campaña de certificación de fresco deste bivalvo.
Comezan así a recuperar a normalidade e a producir un mexillón de calidade, despois de que o ano pasado a campaña do mexillón fresco fose moi mala.
A boa produción e a calidade do bivalvo depende de moitos factores, entre eles a temperatura da auga e a presenza de microalgas e bos nutrientes.
A Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia agrupa a algo máis de 2.000 bateas, das 3.400 que hai nas Rías Galegas.