O martes chega a Galicia unha fronte pouco activa, que entrará polo noroeste á primeira hora do día. Agárdase unha mañá de ceos moi nubrados con chuvias febles no terzo norte, ceos máis abertos canto máis ao sur. As chuvias iranse retirando pola tarde con tendencia á apertura de claros.
Non está previsto que as precipitacións afecten á comarca aínda que poden rexistrarse algunhas choivas en ría de Muros e Noia. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentras que as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



