Aumento de nubes e algunha precipitación de carácter feble e ocasional, máis probables no extremo norte e noroeste que chegarán á comarca durante o martes Brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas sufrirán un descenso que será notable nas máximas. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

O martes teremos algunhas precipitacións e a partir do mércores recuperamos o bo tempo e empezan a recuperarse as temperaturas.

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



