Inaugurado o Náutico de Barraña

11 Agosto 2024

O Concello de Boiro subvenciona as novas instalacións do Club Náutico de Barraña en Escarabote. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; o presidente de
ASNAUGA, Javier Ruiz de Cortázar; e o presidente do Náutico, Jesús Babio.
“Boiro é un referente en moitos eidos e tamén o está a ser en turismo náutico por iso dende o Concello de Boiro apostamos polas liñas de colaboración coas entidades para a mellora das súas instalacións”, afirmou o alcalde. As novas instalacións están cofianciadas polo Concello de Boiro mediante un convenio de colaboración de 125.000 euros.
O presidente do Náutico, Jesús Babío, agradeceu emocionado a todas as persoas que fixeron posible que estas instalacións sexan unha realidade: “Llevaba veranando aqui muchos años y decidi hacer algo por
este náutico y hoy se ve lo que hemos conseguido”.
“ParaTurismo de Galicia é unha satisfación contribuír a que esta instalación poida prestar mellores servizos e que o turismo náutico se promova”, afirmou o director de Turismo de Galicia.
Entre as actuacións que se realizaron está a mellora da contorna co cambio de luninarias e a renovación do piso dos pantaláns. Construíronse novas oficias e vestiarios para mellorar os servizos que se prestan e
proximamente estará xa dispoñible a aula da escola de vela que ten uns 200 rapaces e rapaza durante o verán.

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración do club social onde pon de manifesto o investimento de 1,3M€ que a Xunta fai nas infraestruturas da ruta xacobea

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.