Hostaleiros de Ribeira protestan pola exclusión do martes de entroido como festivo no 2025 e pecharán o día da Patroa

26 Agosto 2024

Trala declaración en Ribeira de días festivos locais para o Día da Dorna, o 24 de xullo, e o de Santa Uxía, o 12 de setembro, uns 40 establecementos do municipio pecharán as súas portas o vindeiro xoves 12 de setembro, seguindo a convocatoria da Asociación de Hostaleiros de Ribeira. Desde a asociación destacan que a protesta non é contra a celebración do día da Patroa, senón contra a exclusión do martes de entroido como festivo local.

A asociación argumenta que, aínda que apoian os tres festivos, é crucial para eles manter aqueles que son esenciais para a viabilidade dos seus negocios.

Co peche do xoves 12 de setembro, os hostaleiros de Ribeira buscan visibilizar o seu malestar pola falta de consideración cara ás súas demandas e o impacto que decisións como esta poden ter nos seus negocios. Ademais, a presidenta da asociación sinalou que se organizaron varias actividades entre o 13 e o 15 de setembro para potenciar a celebración de Santa Uxía, nunha fin de semana que competirá con festividades importantes na comarca, como o Nazareno da Pobra e Guadalupe en Rianxo.

Desde a asociación advírtese que a exclusión do martes de entroido como festivo representa un serio prexuízo económico para o sector, e laméntase que unha celebración tan arraigada en Ribeira poida verse ameazada por esta decisión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.