
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de foron alertados ás 12:00 horas deste mediodía dun incendio na AG-11, á altura do punto quilométrico 15 no termo municipal de Rianxo.
A incidencia foi provocada por unha avaría mecánica do automóbil a cal provocou que saíse moito fume deste. O operativo consistiu nas medicións térmicas e na sinalización para evitar novas incidencias.
Participaron tamén Policía Local de Rianxo e o persoal de mantemento da vía.
Incendio dunha finca urbana en Cortes, Rianxo
Os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro asistiron a un operativo en Cortes, Rianxo, por mor dun incendio dunha finca urbana con postes de alta tensión.
O incendio foi controlado pola Policía Local e rematado e enfriado por dotación.




