O domingo Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Deste xeito a xornada comezará con nubes baixas e néboas, que se irán retirando para deixar unha tarde de ceo máis aberto.
Na noite deste domingo ao luns teremos precipitacións comezando polo noroeste. As temperaturas non terán cambios significativos en xeral, aínda que as máximas tenderán a descender na metade sur. O vento soprará frouxo de dirección variable.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



