Barraña acolle este mércores a función “De Vilatriste a Vilalegre”, de Teatro ó Cubo

12 Agosto 2024

Este mércores 14 de agosto a praia de Barraña vai ser o escenario da estrea en Boiro de De Vilatriste a Vilalegre, de Teatro ó Cubo. Será ás 12.00 horas. Trátase dun espectáculo para todos públicos co-producido polo Centro Dramático Galego, no marco das celebracións do seu 40 aniversario.

Ficha

Texto orixinal de Roi Vidal Ponte. Direccion: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño. Elenco: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño. Escenografía: Beatriz de Vega. Vestiario: Carmen Pichel. Música: Brais das Hortas

Teatro de monicreques | Para tódolos públicos | Duración aprox.: 60 min.

Sinopse

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.