Asinado entre Xunta e Concello de Santiago o protocolo para humanizar a contorna do Hospital Clínico e mellorar e ordenar a accesibilidade ao complexo

02 Agosto 2024

María M. Allegue subliña o esforzo da Xunta, de traballo, diálogo e orzamento, por sacar adiante o protocolo, que beneficiará aos traballadores e usuarios do hospital e a cidade, ao conlevar melloras na mobilidade e na integración do complexo na cidade. O Goberno galego financia nun 90% as actuacións e o Concello achega o 10%.

A Xunta comprométese a aprobar un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para reordenar a zona, habilitar aparcamento e mellorar o acceso aos edificios

De ser posible dende o punto de vista urbanístico antes da aprobación do PIA, a Xunta contratará a execución dun aparcamento parcialmente en superficie e soterrado, así como a mellora do acceso dende a rúa da Volta do Castro

Ángeles Vázquez salienta a colaboración na mellora do saneamento e abastecemento municipais cun investimento de ata 3,5M€, que se suma aos 11M€ da EDAR da Silvouta

O conselleiro de Sanidade remarca que se trata dun protocolo “importante e positivo” para a cidade, para o hospital e para as administracións públicas”

O Concello debe modificar o planeamento urbanístico para acadar a efectividade das obras e poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios e eximir o pagamento do IBI do Hospital Clínico e do Centro de Protonterapia unha vez rematen as obras

A Administración local asume a mellora do transporte urbano que dá servizo aos hospitais, reducindo as frecuencias ata os 5/10 minutos e optimizando a cobertura-

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.