AMTEGA abre o prazo das axudas de ÚNICO para mellorar a conectividade en edificios

07 Agosto 2024

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), publica este 7 de agosto no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais. As solicitudes, que poderán cubrir o 100% da actuación, poderán ser solicitadas dende este 8 de agosto e ata o 16 de setembro.

Trátase da segunda convocatoria destas axudas, que terá unha dotación orzamentaria de algo máis de 4 millóns de euros, dos que a metade corresponderán a comunidades de propietarios e a outra metade a corporacións locais galegas que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade.

Haberá tres liñas de actuación: a primeira cubrirá a instalación completa da infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 680 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800 euros. E a segunda liña refírese á instalación parcial de infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 600 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000 euros.

A terceira liña refírese exclusivamente á infraestrutura de telecomunicacións adaptada para banda larga ultrarrápida. Neste caso, o importe máximo por unidade inmobiliaria será de 485 euros, ata un máximo por proxecto de 16.975 euros.

Galicia abriu o pasado 24 de xullo o prazo da segunda convocatoria para solicitar as axudas para mellorar a conectividade en polígonos industriais e área loxísticas. Anteriormente, o 28 de xuño, abrírase a terceira convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda larga cunha velocidade mínima de 30Mbps.

Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcanse no Programa ÚNICO, cuxos requisitos foron definidos polo Goberno central.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...