A praza de España de Ribeira acolle este sábado un concerto solidario a prol de Callejeros Barbanza

27 Agosto 2024

A Áre de Benestar Animal do Concello de Ribeira organiza este sábado 31 de agosto, a partir das 21.00 horas en en colaboración con Callejeros Barbanza e Musieventos, un concerto solidario para concienciar á veciñanza e para recadar fondos para o coidado das colonias felinas. Este martes 27 a concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte presentou esta nova iniciativa. Comunicou que dende o seu departamento estase a traballar arreo en liquidar toda a problemática xerada co tema das colonias felinas.

Alberte informou que “o maior problema ao que nos enfrontamos en materia de benestar animal é no relativo ás colonias felinas”. Os gatos, dixo, teñen unha taxa de reprodución máis rápida, hai moitos focos que abordar ao longo das parroquias e tamén en Ribeira. Engadiu que “é certo que este ano estivemos esterilizando moitas das colonias, tamén estivemos facendo un curso de formación de alimentadores e obradoiros; eses alimentadores están en contacto directo ca Concellería para o traslado de alimentos e posúen un carné de alimentador que os ampara de cara a problemas veciñais que podan ter”.

O obxectivo da Concellería é seguir esterilizando e solucionando os problemas para que as colonias cheguen a unha estabilidade: “Para que a colonia chegue a ser unha auténtica colonia, e non unha praga que é o que está acontecendo, precisamos de primeiras unha boa praxe e precisamos que a veciñanza teña conciencia de castrar aos gatos cando se debe para que isto non acabe sendo un problema coma o que estamos vendo agora”.

Antía deu as grazas ao labor que están a facer dende Callejeros Barbanza, que, dixo, “é a principal entidade que está axudando á Concellería para a captura dos gatos das colonias”. Falou da necesidade de recadar cartos para seguir desenvolvendo estas accións e tamén da concienciación cidadá que formará parte de este evento cun coloquio a partires das 21.30 h do vindeiro sábado.

Tamén haberá un concerto de Sinverjuergas e unha sesión de DJ Antón, todo isto amplificado cun Musieventos que xunto cos artistas colaboran de forma desinteresada.

A conselleira animou á veciñanza a participar e a involucrarse xa que é un problema que “temos que afrontar entres todos/as”, engadiu.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.