A Pobra prepárase para despedi-lo Verán Cultural con moita música

20 Agosto 2024

O Verán Cultural está a piques de rematar na Pobra do Caramiñal: “En dúas semanas despediremos a programación que dinamizou as nosas rúas con accións culturais nos meses de xullo e agosto. Máis de vinte propostas nas cales non faltaron a música, o baile, o teatro, os espectáculos… E, nesta semana, deixamos atrás un ano máis a festa do Carme dos Pincheiros, pero contaremos nos vindeiros días con catro actividades
protagonizadas pola música”, declara a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Culturactiva Producións levará Máis saaabor no xoves, 22, ás 20.30 horas, ao Cantón da Leña. Trátase dun espectáculo dirixido a crianzas que chega coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Félix
Rodríguez e Fran Rei convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecerán un menú moi musical con ingredientes como a maxia, o humor, o ritmo e a interacción co público. O seu foodtruck chega con infinidade
de xogos cómicos, máxicos e moitos trebellos para cociñar música.


O son collerá intensidade no venres, 23, coa Gala Lírica de Zarzuela que terá lugar na praza do Alcalde Segundo Durán, ás 22.00 horas.
The Rapants actuará no sábado, 24, ás 20.00 horas, na punta Cabío, ao abeiro do festival Paisaxes Sonoras 2024, promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa. Este ciclo mestura paisaxe e música para ofrecer un produto cultural de calidade con valor engadido e dar a coñece-lo territorio dunha maneira diferente. As entradas pódense adquirir na seguinte ligazón:
https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/conciertos/195-varios- espacios-paisaxes-sonoras/x3agadht-paisaxes-sonoras-2024-abono-4- concertos

E a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra dará o concerto de película II no domingo, 25, ás 22.00 horas, na praza do Alcalde Segundo Durán.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.