A II Andaina Solidaria Contra o Cancro de Aguiño homenaxeará o vindeiro 8 de setembro a Josefa Abraldes

26 Agosto 2024

O pasado 22 de agosto presentouse a II Andaina Solidaria Contra o Cancro de Aguiño que se vai a celebrar o vindeiro 8 de setembro con saída no porto de Aguiño a partir das 19:00 h. Na presentación déronse cita o concelleiro de deportes Xabier Vidal, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, a presidenta da Asociación Contra o Cancro de Ribeira, María José Carreira e demais voluntarias da asociación.

Segundo explicaron, a andaina solidaria contará con agasallos e sorpresas, ademais da vertente musical que aportarán Os Chispas e @s Revolt@s de Ribeira.

A achega económica será de cinco euros, máis outros cinco para mercar a camiseta (opcional). Os teléfonos para as inscricións previas son o 630 25 24 26 e o 630 92 14 46, na sede local ou na propia andaina.

O concelleiro Xabier Vidal explicou que será “o mesmo percorrido circular do ano pasado, saíndo do porto e pasando pola praia da Muralla, A Penisqueira e o peirao fenicio (no que se fará, logo do éxito do ano pasado, unha ofrenda floral)”. Lembrou que andaina é “unha boa maneira de recadar fondos para o cancro e tamén un xeito de fomentar o deporte e a vida saudábel”.

Pola súa banda, o concelleiro de Sanidade comentou que debido á súa profesión sempre ten en conta as cifras e “neste ano en España xa se diagnosticaron máis de 266.000 novos casos de cancro e grazas á AECC o diagnóstico precoz pode facer que eses números redunden nunha supervivencia moito maior e por iso animo á a xente que se apunte a andaina”.

María José Carreira agradeceu ao Concello de Ribeira polo seu apoio constante para todos os eventos que organiza a asociación, tamén a tódalas entidades sociais e deportivas de Aguiño que colaboran e como non; a tódolos patrocinadores.

“Queremos fomentar o deporte e combater o sedentarismo” afirmou Carreira, “tamén este ano desexamos homenaxear a unha veciña de Aguiño moi querida que faleceu recentemente despois de trinta anos de loita, Josefa Abraldes, irmá de Fernando Abraldes, concelleiro de Mar do Concello de Ribeira”, finalizou Carreira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.