Xiradiscos, a feira de vinilos de Ribeira, volve este 10 de agosto con cambio de localización á Porta do Sol

19 Xullo 2024

Este verán, o 10 de agosto, volve a feira de vinilos de Ribeira, Xiradiscos, e faino novamente con venda de discos, concertos e actividades para a rapazada. A gran novidade deste ano é o cambio de localización, que pasa da praza de Vigo á Porta do Sol. O programa inclúe un mercadiño de vinilos durante toda a xornada, unha sesión vermú con DJ Nell e concertos pola noite: Tu Futura Ex Mujer (banda de indie-garage de Carballo, embarcada na presentación do seu disco Novos Millonarios) e Candy’s Freckles (representantes do emerxente panorama da música alternativa galega, da man de @radixrecords). Previamente, ás 21.00, contarase coa presenza do mago Henriko O Feiticeiro. A feira rematará con Toño Ferreirós e Nell novamente.

Xiradiscos vén da man do Smart Studio de Nell Martínez e o selo discográfico local Radix Records, co apoio do Concello e dunha manchea de firmas locais patrocinadoras.

Temos máis información en xiradiscos.com.

Tu Futura Ex Mujer

A banda Tu Futura Ex Mujer está formada por 4 amigos de toda a vida (Haime, Manu, Dany e Bryan) onde todos contan cunha ampla experiencia na industria musical. Son un grupo de indie-garage que ofrece un son movido con melodías psicodélicas, con letras tanto tristes como cheas de retranca, soando “nostálxicos pero modernos”, adiantan.

Fundada en Carballo, a banda leva en activo dende o verán de 2020, “cando non se podía baixar a beber aos bares e había que facelo na casa”. Haime, cheo de raiba e frustración que necesita soltar, compra unha tarxeta de son e un micro barato e empeza a gravar as primeiras demos mentres aprende a mesturar.

Publican o primeiro single, Lo intentamos, en 2020. Dende aquelas levan publicados 6 singles e un EP homónimo totalmente gravado e editado con medios precarios por Haime, o vocalista. En novembro de 2022 lanzan o primeiro adianto do seu primeiro álbum, Novos Millonarios, gravado e mesturado por Julián Goikoa (baixista en Mundo Prestigio e Carlangas y Los Cubatas) que sae a principios de 2023.

Candy´s Freckles

Candy’s Freckles son una banda emerxente da música alternativa galega que chega a nós da man do selo ribeirense @radixrecords. Autodenominados como indie psicodélico, ofrecen un son único froito da inspiración de diversos estilos como son o rock, o jazz, a bossa nova, o lounge e incluso math rock, estilos aplicados a unha esencia de banda de rock alternativa dos 90.

Teñen gravados varios singles e EPs (dous deles publicados por Radix Records, Love e The Sound of a Glass of Wine Falling on a Persian Carpet) e en datas vindeiras sacarán o seu álbum debut da man do selo discográfico ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.