A Asociación Cultural Pedra da Aroña vai organizar esta fin de semana unha nova edición do festival Folclore no Porto (Fin de Semana Tradicional en Escarabote). Será este venres 12 e este sábado 13 de xullo. Organiza Pedra da Aroña en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Boiro.
As actividades do venres darán comezo ás 21.30 horas, cos concertos das Pandeireteiras de Aroña, de A Requinta de Lampai e de A Requinta da Laxeira. Ao remate haberá foliada libre e no ámbito gastronómico, paella, churrasco, mexillóns, empanada e queimada.
O sábado 13 de xullo a axenda comezará ás 20.30 horas cunha ruada dende o Pontellón. Logo, ás 21.00 horas, comezará oficialmente o XXXIV Festival Folclórico de Escarabote, coas actuacións de Astigar Dantza Taldea (País Vasco) e da Asociación Cutural Pedra da Aroña.



