“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

22 Xullo 2024

As festas de verán en Galicia son ledicia, festa, música e baile, verbena e fartura. Pola mañá
é outra cousa, os traballadores teñen que respectar o horario e andar dereitiños cara ao
lugar do traballo. Ou cara ao ordenador que espera coa lámpada acendida e co disco duro
abarrotado de mensaxes, moitas delas coa intención de confundir. Ou, os labregos teñen
que ir correndo para muxir as vacas e acariñar a horta que plantaron.
As festas de verán axudan a colorear esta terra de grises, antes labrega e mariñeira, agora
solitaria e co rural acabado, enlodado co bulleiro que achegan as mentiras, veñan de onde
veñan, aínda que sexa das alturas gobernamentais, parlamentarias ou xudiciais. As mentiras
e a burocracia, se actúan conxuntamente, constrúen un lamazal por onde a xente normal e
corrente non pode andar.
Pero, amigos lectores, queríamos falar de festas, para desfrutar da música, da compañía, do
bo xantar, das tradicións e da natureza. As orquestras recorren Galicia e achéganse a cada
lugar, do litoral ou do interior, con eses monstruosos palcos robotizados, nos que músicos e
cantantes (maioritariamente mulleres), cos seus instrumentos de corda, de vento ou de
percusión fan das tardes “tardes de gloria”, que nos achegan ás noites sen présa, onde
seguimos sen apuro de ir para a casa.
As festas son tamén un atractivo turístico, un espazo para o negocio, para a troula e a
esmorga. En Galicia hai quince recoñecidas polo Ministerio de Industria e Turismo como
“festas de interese turístico internacional”, pola súa antigüidade, arraigamento,
participación cidadá, orixinalidade e diversidade.
A primeira destas festas é a de Santiago de Compostela, despois vén a Romaría Viquinga de
Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de
Sabucedo, o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de
Ferrol, a Arribada da Carabela Pinta a Baiona, as Fogueiras de San Xoán na Coruña, a Festa
do viño Albariño de Cambados, o Entroido de Xinzo de Limia, o Cocido de Lalín, a Festa do
Pulpo do Carballiño, a da Lamprea de Arbo e a de Arde Lucus, de Lugo.
Estas e outras foron declaradas pola Xunta como “festas de interese turístico de Galicia”.
Ben está, xa que como di a Tía Manuela, “a festa é moi boa para desfrutar dela”. Que sería
Galicia sen as festas? Todas iguais e singulares cada unha delas; moitas no verán, pero
tamén no inverno, na primavera e no outono, cando cae a folla, cando unha parte
importante do verde se torna nese marrón tan agradable que, ao mesturarse co azul do ceo,
aporta un colorido especial e de grande fermosura.
Viaxar por Galicia é unha ledicia, en calquera época do ano, e moito máis se vas de festa en
festa e de aquí ao outro lado. Parabéns para todos vostedes, para os que fan as festas, para
os que desfrutan da música e andan nelas.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.